CRTVG

Buscar

Bos días

Na Arxentina, a suba dos prezos de venda e alugueiro das vivendas está a propiciar a aparición dos chamados microdepartamentos

Publicado o 30/08/2017 09:21

Na Arxentina a suba dos prezos de venda e alugueiro das vivendas está a propiciar a aparición dos chamados microdepartamentos. Pisos duns 18 metros cadrados que atraen os investidores pola alta rendibilidade que ofrecen e que se presentan como unha opción para que os máis novos teñan acceso á súa primera vivenda.

Bos Aires súmase á tendencia mundial dos microdepartamentos.
Vivendas duns 18 metros cadrados deseñados para optimizar cada recuncho e que se presentan como unha alternativa aos elevados prezos dos inmobles no país austral.
Para uns é unha oportunidade de facer máis accesible a compra dun apartamento, para os detractores, unha ferramenta que fomenta a especulación inmobiliaria.

Nos últimos meses incrementouse notablemente a construción de microdepartamentos na cidade de Bos Aires, especialmente nos barrios con máis demanda, para tentar facer máis accesible aos cidadáns a compra dunha vivenda nunha das urbes máis caras da rexión, despois de anos de ausencia de créditos e subas constantes que tiñan paralizado o sector.

Son pisos que ademáis ofrecen unha alta rendibilidade coa que volveron conquistar os investidores.

"Bos Aires é unha cidade que hoxe a rendibilidade que pola inflación e todos os problemas que son coñecidos quedou moi magra. Hoxe un apartamento común en Bos Aires ten entre un 3 e un 4 % de rentabilidade e un microdepartamento ten unha rendabilidade máis parecida á de cidades coma Barcelona ou Madrid, cun 7-8 % de rentabilidade e hai caos que poden superar o 10 %".

Os medios locais cantan as vitudes destes apartamentos e moitos venos como unha alternativa á expansión dos asentamentos informais.

Os máis críticos sinalan que esta é unha estratexia dos invertidores para vender máis unidades e ter maiores beneficios, o que ó seu entender pon en xaque o dereito a unha vivenda digna.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

30/08/2017