CRTVG

Buscar

Multas de ata 150.000 euros por facer pintadas en bens protexidos

Publicado o 06/02/2019 17:15

Non son falcatruadas, son atentados contra o patrimonio de todos e teñen sancións, de 300 a 150.000 euros. A pintada da catedral foi a máis rechamante, pero non a única. Por iso, a Xunta crea unha nova figura específica para este tipo de infraccións que pouco teñen que ver co muralismo ou a arte urbana.

Coller os culpables na allada é difícil, polo que adoitan ser os propietarios e as administracións os que asumen unhas reparacións especialmente custosas.

Din as voces expertas que, polo xeral, quen ataca estes bens descoñece o seu valor. Por iso, a educación, o civismo e o respecto son os mellores antídotos contra este tipo de agresións.

 

Noticias web

06/02/2019