CRTVG

Buscar

Música, troula e bo humor no Entroido de Xinzo de Limia

Publicado o 22/02/2020 21:39

Veña, que imos de viaxe. Primeira parada, a dos coches de choque...
Para os que gustan das grandes aventuras en Xinzo tamén hai un oco.
Mesmo para aqueles que comparten brindis e alegría.
Da mesma China dereitiños ata a Limia chegan os mellores disfraces.
E cativos que prometen e moito.
Alguén hai sempre para poñer orde. E non precisamente as pantallas, que hoxe non se deixan ver.
Pero o certo é que o Entroido resulta ben difícil de controlar e a música das charangas acaba sempre por abrirse camiño.
Agárdanse milleiros de persoas esta noite en Xinzo de Limia, xa saben troula, música e bo humor ata que o corpo aguante.

Noticias web

22/02/2020