CRTVG

Buscar

Música e natureza fusiónanse na ría de Vigo

Publicado o 25/10/2021 21:51

Un barco convertido en estudio de gravación no medio da ría de Vigo para dar a coñecer o traballo de artistas nacionais e internacionais. Esa é a aposta dunha axencia creativa galega, nas súas 'Sesións somerxidas', fusiona a música cun entorno natural único. Levan tres e milleiros de visualizacións.

Un veleiro ou un bateeiro poden converterse no mellor dos estudos de gravación. O mar e unha contorna como a de Rande ou O Morrazo, na mellor das inspiracións.

Son as sesións somerxidas que xa levan milleiros de visualizacións nas redes. Hai tres, pero os seus creadores prometen máis. Un novo formato que invita a deixarse levar pola música e pola natureza.

 

Noticias web

25/10/2021