CRTVG

Buscar

Música e natureza en San Simón ata o domingo co festival Sinsal

Publicado o 25/07/2019 21:39

É o festival do cartel secreto. Só hai que estar disposto a coller un barco en Cesantes, Redondela, e chegar á illa de San Simón. Unha vez alí hai que deixarse levar pola música e, por riba de todo, polo ambiente de tranquilidade que se respira neste festival que desde hai 17 anos se define como diferente.

Coa música como protagonista e ata tres escenarios diferentes, o Sinsal é moito máis. Hoxe, día inaugural, vanse quentando motores cun ambiente moi familiar. Con obradoiros de origami, merendas en plena natureza ou andainas pola illa para coñecer a súa historia.

Son razóns de peso para que o festival colgue xa o cartel de completo para mañá venres, sábado e domingo. Pero os que se fixeron cunha entrada van gozar de actuacións que aínda a estas horas son un segredo despois de ver as primeiras, coma este trío de Inglaterra, Big Joanie, do que o público gozou sen chuvia.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2019