CRTVG

Buscar

Música e baile contra a violencia machista na prisión do Pereiro de Aguiar

Publicado o 16/05/2019 21:26

Das catro mil mulleres que cumpren condena nas prisións españolas, máis da metade sufriron violencia machista. Algunhas delas están no cárcere do Pererio de Aguiar, en Ourense. E por iso, o pasado oito de marzo quixeron mostrar a súa condena contra este tipo de violencia e gravaron un vídeo para condenar este tipo de violencia e para animar as mulleres a saír desas situacións e recuperar a autoestima. E fixérono con coreografía da academia de baile Sabrosura e cunha canción de BEBE dedicada ás mulleres maltratradas.

Noticias web

16/05/2019