Música, bailes e textos galegos en Londres para festexar o Día das Letras Galegas
Publicado o 18/05/2019 21:37
Onde tamén están a festexar o día das letras galegas é en Londres. Membros da asociacion Rede Galega no Reino Unido pasaron a tarde deste sábado bailando muiñeiras, escoitando música galega e rodeados das nosas letras. Un evento que mestura manifestacións culturais diversas como a literatura, a música, o cine e mesmo a gastronomía. Contaron co concerto do grupo Zeltia, un recital poético, unha foliada e diversos obradoiros. Desde Galicia recibiron o apoio de xornalistas, músicos e actores galegos como Susana Seivane, Touriñán ou mesmo Xosé Ramón Gayoso.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 12:57
08/03/2021 12:56
08/03/2021 10:22