Musa destaca no primeiro amigable de pretemporada do Breogán con 19 puntos
Publicado o 21/08/2021 21:34
Imos co primeiro amigable de pretemporada para un dos nosos equipos da ACB, o Río Breogán O equipo lucense derrotou con contundencia a un rival directo da máxima categoría, o Bilbao Basket, nun amigable disputado en Xixón.
O equipo de Paco Olmos gañou por 31 puntos de diferenza nun partido que dominou sempre. O Bilbao tivo baixas importantes neste choque. No Breogán estreáronse varias das súas novas fichaxes. Salientou o bosníaco Musa (19 puntos). Tamén ofreceron un bo nivel varios xogadores da campaña do ascenso, como os irmáns Quintela.