CRTVG

Buscar

Muros atópase en plena campaña do ameixón, un molusco moi valorado en Andalucía

Publicado o 10/04/2019 15:20

Chámanlle ameixón ou vernizado, polo moito que brilla a súa cuncha. Sempre estivo na ría, pero ninguén lle daba valor. De feito, moitos dos que o apañan non o probaron nunca. Onde si o cociñan e o valoran moito é en Andalucía, unha oportunidade de mercado que a confraría de Muros non quixo deixar pasar.

"Abrimos mercado sobre todo en Andalucía e agora hai moitísimas depuradoras que traballan co ameixón. Ademáis é un recurso que non hai noutros sitios", di Jose Antonio Rama, secretario da confraría de Muros.

Nos raños destas 50 embarcacións de Muros e Noia entran cada día uns 900 quilos de ameixóns. Véndenos na lonxa a depuradoras que despois os distribúen polo sur da Península.

"Agora págase a catro, cinco, seis euros o quilo. Se cada barco pode coller quince quilos, a seis euros, pois xa foi un xornal", apunta o secretario da Confraría

A campaña faise ao longo deste mes de abril e con libre marisqueo no verán. Un complemento de renda para os mariscadores da zona, sobre todo agora que baixou a produción de recursos tradicionais como a ameixa rubia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019