CRTVG

Buscar

Este sábado cúmprense 30 anos da caída do muro de Berlín

Publicado o 09/11/2019 15:56

Tal día coma hoxe, un 9 de novembro de hai 30 anos, en 1989, producíase un dos episodios máis relevantes da nosa historia recente: a caída do muro de Berlín. Un feito que significou a reunificación alemá e marcou a fin da Guerra Fría. A noite do 9 ao 10 os berlineses derrubaron os tres metros e medio de altura do que en Occidente se coñeceu como o muro da vergoña.

Despois dunha comparecencia do goberno da Alemaña comunista a xente botouse á rúa para participar no derrubamento dunha fronteira que dividira durante máis de 28 anos  familias, veciños e oportunidades de vida. Berlín celébrao estes días con intervencións artísticas e culturais por toda a cidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019