CRTVG

Buscar

Mouriño presentou a Jeison Murillo, cedido pola Sampdoria

Publicado o 16/09/2020 19:19
Mouriño presentou a Jeison Murillo, cedido pola Sampdoria

O Celta de Vigo anunciou este mércores o regreso do internacional colombiano Jeison Murillo, despois de alcanzar un acordo co Sampdoria para ampliar a súa cesión ata o final da presente tempada, cunha opción de compra para a entidade galega, no caso de que o futbolista supere o recoñecemento médico ao que será sometido nas próximas horas.

“Foi un poderoso chorro de enerxía, optimismo e liderado. Converteuse nun baluarte da defensa celeste e nunha peza moi querida no vestiario”, destacou o Celta de Murillo, peza clave o curso pasado na consecución da permanencia en LaLiga Santander.

Murillo chegou a Balaídos durante o pasado mercado invernal ao conxunto celeste, no que disputou 18 encontros e anotou un gol. Anteriormente xogara en Primeira División co Granada, Valencia e Barcelona. O colombiano é a cuarta incorporación do conxunto dirixido por Óscar García Junyent tras o peruano Renato Tapia (Feyenoord), Miguel Baeza (Real Madrid Castela) e Álvaro Vadillo (Granada).

 

Noticias web

16/09/2020