CRTVG

Buscar

Murillo, de volta no Celta: "Estou feliz, levaba varios meses agardando este momento"

Publicado o 17/09/2020 21:43

Medio verán e unha pretemporada despois Murillo está de volta en Vigo. Dous meses durou a negociación para que volva xogar cedido no Celta.
Murillo: "Feliz. Levo esperando este momento varios meses. Tardouse un pouco pero finalmente estou aquí en Vigo e estou moi contento."
Murillo volve onde se atopou cómodo.
Murillo: "Atopeime cun ambiente familiar e un técnico que me deu confianza"
Murillo chegou no mercado de inverno como petición expresa de Oscar García. Desde o minuto un do seu debut en San Mamés xa se fixo o amo da defensa.
A súa xerarquía e carácter positivo son fundamentais para un Celta que non quere volver sufrir.
Murillo: "Hai equipo para facer cousas boas e cumprir os obxectivos que se marquen"
Murillo está de volta e con dorsal novo. Deixa atrás o 21 e lucirá o 24.
 

Noticias web

17/09/2020