CRTVG

Buscar

Murillo: "A do Alavés é unha das finais que nos quedan"

Publicado o 25/03/2021 20:46

Malia que non hai Liga en Primeira polo parón das seleccións, os equipos seguen preparando a seguinte xornada. O Celta viaxa a Áraba e precisamente contra o Alavés marcou Jeison Murillo o seu primeiro gol coa camiseta celeste.

O partido de Mendizorroza é unha das finais que lle quedan ao Celta para cumprir o primeiro obxectivo da temporada. Así o sinala o central colombiano, quen, sendo propiedade do Smpdoria, cedido ata final da liga, di que pensa só nas cores que agora defende.

Noticias web

25/03/2021