CRTVG

Buscar

Murcia seguirá en alerta amarela o domingo

Publicado o 14/09/2019 21:14

En Murcia intentan tranquilizar os veciños que aínda se atopan illados a consecuencia das inundacións. Dende o Concello aseguran que garantirán a subministración de alimentos e auga a El Raal, coa axuda da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Preto de 500 persoas foron recatadas xa e hai máis de 4.000 evacuadas nas provincias de Alacante e Murcia, nesta última principalmente en Orihuela, Dolores, Redovan e Almoradí.

O medio milleiro de efectivos desprazados na zona murciana traballan para aliviar a presión da auga sobre a ponte da estrada CV-31, ademais hai 80 vías afectadas con cortes intermitentes e 25 municipios sufriron danos severos nas súas infraestruturas.

A Cruz Vermella mantén albergues con capacidade para case 600 persoas nas localidades de Beniel, Santomera e Los Alcázares, nas que aloxará os damnificados da zona de El Siscar, as beiras do Azarbe e de todas as vivendas preto do encoro.

O 112 advirte que segue activado o Plan de Emerxencia da presa de Santomera e que a poboación afectada debe manterse lonxe da zona de risco.

Murcia e Alacante continuarán en alerta amarela na xornada do domingo por ventos costeiros, precipitacións e tormentas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2019