CRTVG

Buscar

Muralla reivindicativa en Lugo

Publicado o 28/05/2016 19:54

Durante o camiño coreáronse consignas en demanda de traballo digno e contra a pobreza

Xuntanza en Lugo de colectivos de toda Galicia para reclamar dignidade para os que menos teñen. 
A cita, na estación de autobuses lucense, para desde ahí percorrer o centro ata chegar ao adarve da muralla. Abrindo a manifestación, unha pancarta recolle as reivindicacións básicas. 

Durante o camiño coreáronse consignas en demanda de traballo digno e contra a pobreza. 

A manifestación, concebida con fins pacíficos, é a segunda marcha da dignidade que se celebra en Galicia e a idea é continuar co movemento tralo verán, se as políticas non cambian.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/05/2016