Xela Arias enche as rúas de Sarria que honra a poeta no Día das Letras Galegas
Publicado o 16/05/2021 20:52
Esta é a rúa Xela Arias, antes tiña outro nome que se cambiou logo dun acordo do Pleno adoptado en febreiro. E nesta rúa está un mural que invita a perderse nos ollos da poetisa sarriá, a muller á que se honrra esta ano adicándolle o Día das Letras Galegas.
A autora de 'Intempériome' e de 'Darío a diario' recibe así o recoñecemento do concello no que naceu, cunha obra do ourensá Mon Devane, baseada nunha das fotografías que lle fixo o seu home, Xulio Gil.
É a quinta muller á que se lle dedica o 17 de maio; a súa obra única, transgresora, rompedora e sen precedentes.
O concello de Sarria recuperou este recuncho para que a voz da autora de "Tigres coma cabalos" siga escoitándose todos os días do ano.