CRTVG

Buscar

Muntari adestrouse en solitario en Abegondo

Publicado o 09/02/2018 21:57

 

En Abegondo puidemos ver hoxe a primeira sesión de adestramento de Muntari.

O internacional ghanés, a proba estes días na Coruña mentres se valora a súa incorporación definitiva, traballou en solitario, acompañado dun dos preparadores físicos do club. Muntari fixo uns 50 minutos de carreira e algún exercicio específico. Pasaron dez meses dende o seu último partido oficial. Tras a toma de contacto, preguntáronlle como se sentía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018