CRTVG

Buscar

Mundial de Piragüismo: o medallista galego Rodrigo Germade inicia a carreira ós Xogos de París co novo K2−500

Publicado o 15/09/2021 21:43

O piragüismo galego volve competir esta fin de semana no Mundial de Copenhague

Este barco cheira a medalla. Rodrigo Germade e Marcus Cooper, Prata no K4-500 en Tokyo, empezan a súa carreira para París no K2-500, nova distancia olímpica. O Primeiro gran test é o Mundial de Copenhague.

Rodrigo Germade: "O K2-500 é unha proba que nos gusta moito a Marcus e a min"

O equipo español de piragüismo, con catorce padexeiros galegos, familiarízase co campo de regatas. Antía Otero e Antía Jácome farán tándem no C2 200 m. En Tokyo Jácome foi quinta e obtivo diploma.

O primeiro en competir será Adrián Mosquera, en canoa adaptada, aínda decepcionado pola súa actuación nos Xogos Paralímpicos hai dúas semanas.

Adrián Mosquera: "Quero mellorar o resultado de Tokyo, que non foi o que esperaba"

Outras bazas galegas en barco individual son David Barreiro en C1 1000 m e Roi Rodríguez en K1 1000 m. E veremos outra vez en acción a Cristian Toro. Volve subir ó K4, canda a Garrote, despois da polémica que os deixou fóra do equipo olímpico que acabou gañando a Prata

Cristian Toro: "Intentaremos deixar a España o máis alto posible"

Substitúen ós subcampións olímpicos Saúl Craviotto e o betanceiro Carlos Arévalo. Tamén descansa Teresa Portela, con moitos mundiais ás costas; agora goza da súa prata olímpica.

Noticias web

15/09/2021