CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Multitudinaria saída da Catro Picos, a proba máis numerosa de bicicleta de montaña que se celebra en Galicia

Publicado o 14/05/2018 15:26

E un apuntamento máis da paixón pola bicicleta, pola bicicleta de montaña.

Esta é a multitudinaria saída da Catro Picos, a proba máis numerosa de bicicleta de montaña que se celebra en Galicia.
Foi o sábado con mil cincocentos participantes.
Con subidas ao Monte Castrove, O Acival, A Fracha e o Lago Castiñeiras, os catro picos que rodean a cidade de Pontevedra.
A Catro Picos viviu a súa cuarta edición con ciclistas que viñeron de Asturias, do Bierzo, de Portugal e das catro provincias galegas.
A festa dos 'bikers', unha mestura de deporte e diversión.
Quen máis quen menos estivo enriba da súa máquina entre seis e once horas. O percorrido total era de cento trinta e dous quilometros. Con moita esixencia orográfica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí