CRTVG

Buscar

Multitudinaria manifestación en Viveiro para pedir solucións que impidan o peche de Alcoa

Publicado o 07/06/2020 21:22

Multitudinaria manifestación en Viveiro. Os veciños da vila do Landro e doutros concellos da Mariña Luguesa manifestáronse para pedir solucións que impidan o peche de Alcoa. A multinacional anunciou o despedimento de 584 empregados da planta de San Cibrao, e milleiros de postos de traballo indirectos están en perigo.

Fin de semana de protestas en apoio á industria do alumino, que hoxe chegaron de xeito multitudinario ata Viveiro. Milleiros de persoas solidarizáronse cos traballadores de Alcoa ameazados por un peche que temen que leve a ruína a toda a comarca da Mariña.

Once e media da mañá. Viveiro. Todos de negro e berrando "Non ao peche da fábrica". Aquí non se pode deixar de producir alumnio. Con ou sen Alcoa. O sentir é unnánime.

Veciños, traballadores, alcaldes da comarca e representantes de todas as forzas políticas participaron nesta mobilización, unha das máis numerosas das convocadas ata o de agora.

Noticias web

07/06/2020