CRTVG

Buscar

Santiago acolle unha mobilización a favor do dereito a decidir

Publicado o 30/09/2017 15:58

Na véspera do referendo, a plataforma Galiza con Catalunya manifestouse en Santiago baixo o lema "democracia é decidir". Unha vintena de partidos, sindicatos e colectivos independendistas secundan esta marcha na que participaron varios milleiros de persoas. Reivindican o dereito a decidir de todos os pobos, tamén o galego.

Unha gran bandeira estelada abría a marcha que comezou na Alameda compostelá e percorreu as rúas da capital galega. Convocados pola Plataforma "Galiza con Catalunya", os manifestantes apoian a celebración do referendo e defenden "o dereito dos pobos a decicir o seu futuro".

Na marcha participaron a voceira nacional do BNG Ana Pontón, o fundador de Anova, Xosé Manuel Beiras, así como deputados de En Marea e representantes de sindicatos e colectivos culturais. Denuncian o que consideran "un recorte de liberdades e dereitos fundamentais por parte do Estado".
Despois do un de outubro, a plataforma convocante, que aglutina unha vintena de partidos, sindicatos e agrupacións independentistas, ten vontade de continuar activa, na denfensa do dereito á autodeterminación tamén de Galicia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2017