CRTVG

Buscar

Multitudinaria manifestación en Madrid pola unidade de España

Publicado o 07/10/2017 13:13

Miles de persoas, convocadas pola Fundación Denaes, tomaron a Praza de Colón con bandeiras españolas nun acto en defensa da unidade de España, a Constitución e o estado de dereito ante o desafío soberanista polo 1-O.

Sumáronse máis de 50 entidades e políticos, como o secretario xeral de Comunicación do Partido Popular, Pablo Casado.

Na protesta, exibíronse pancartas con lemas "Golpistas" con fotografías do presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, o vicepresidente da Generalitat, Oriol Junqueras, e o maior dos Mossos, Josep Lluis Trapero, ao tempo que os manifestantes coreaban "Viva España".

Na zona montouse un aplio dispositivo policial e sanitario, con ambulancias. Entre as entidades que apoian a concentración figuran Fundación Villacisneros, o Círculo Balear, Fundación Valores y Sociedad, Convivencia Cívica Catalana, Enraizados, Comunidad Judía del Principado de Asturias, Hazte Oír, Foro de Guardias Civiles, Galicia Bilingüe, Fundación Gustavo Bueno, Foro Sevilla Nuestra, Profesores por la Ética, Observatorio Cubano de Derechos Humanos e Asociación de las Damas de Blanco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2017