CRTVG

Buscar

Multiplícase por tres a contratación de seguros de viaxes coa covid

Publicado o 03/06/2021 20:23

Coa pandemia triplicouse a contratación de seguros. Hai en axencias de viaxes que din que agora practicamente todas as persoas que mercan unha viaxe están interesadas polos seguros covid.

Esta clienta chamou para mercar unha viaxe a Gran Canaria e o primeiro no que se interesou foi polo seguro.

Hai seguros de cancelación dende 12 euros por persoa, se vai ao extranxeiro e desexa ademais cobertura médica roza os 60 euros, dependendo da viaxe. Outras pólizas cobren tamén os gastos de hotel en caso de ter que gardar corentena.

Mesmo para viaxar por España, a maioría das vendas nas axencias para este verán, tamén piden seguros, a súa contratación triplicouse.

Antes de contratar un seguro de viaxe lea ben a póliza, xa que a maioría non se fan cargo de cancelacións por peche de fronteiras.

Noticias web

03/06/2021