CRTVG

Buscar

Multiplícase a demanda de bicicletas e patinetes

Publicado o 15/09/2020 20:53

Comparando os primeiros catro meses do ano co segundo cuatrimestre, de media en España a demanda de bicicletas e patinetes medrou un 144%. Son cifras do comparador de prezos en liña idealo.es. Unha tendencia que ratifican as tendas especializadas.


En versión tradicional ou eléctrica, os vehículos unipersoais triunfan na nova normalidade. Entre as bicicletas as de montaña son as máis solicitadas, cun crecemento de máis do 275%; pero tamén nos espazos urbanos se intensifica a presenza da bici como alternativa de transporte.

Transportes máis sostibles para moverse nesta Semana Europea da Mobilidade que se celebra entre os días 16 e o 22 deste mes.
 

Noticias web

15/09/2020