CRTVG

Buscar

Multiplicáronse por catro os positivos por covid en Ordes nesta semana

Publicado o 20/08/2021 14:26

O Concello de Ordes ten previsto facer un cribado á mocidade o venres pola tarde e o sábado pola mañá.

Os contaxios entre a xente nova aumentaron nos últimos días. O gromo sae dun encontro social e festivo da semana pasada. Iso, xunto coas festas desta fin de semana, fixo que os positivos aumentaran moito en pouco tempo. O martes había doce positivos, o xoves 53 e o venres 80. 

Polas rúas de Ordes, así nunha primeira ollada, non se ve xente nova. Moitos están confinados. Hai uns días houbo un encontro social festivo ao que asistiu a mocidade; logo, esta fin de semana, foron as festas de Santa María e os contaxios aumentaron.

Moitos dos que están confinados son alumnos da autoescola de Ordes. Ante o aumento de positivos, máis da metade dos que están sacando o carné deixaron de ir á clase e tiveron que adiar a asistencia aos exames.

Nos últimos dous días houbo algo máis de trinta novos positivos cada día. Hai uns oitenta contaxiados en Ordes. O martes eran doce os positivos, o xoves 53 e o venres 80.

Nas vindeiras horas, algo máis de mil veciños de entre dezaseis e vinte e catro anos están chamados a un cribado.

Noticias web

20/08/2021