CRTVG

Buscar

Multiplícanse por sete as capturas de polbo en Galicia con respecto ao pasado ano

Publicado o 17/08/2021 15:33

O 5 de xullo os pescadores afrontaban a campaña do polbo cun bo pálpito, dispostos a acabar coa mala racha da anterior, e parece que o están a conseguir. O prezo é un bo indicador.

Nos primeiros compases da campaña os ingresos en lonxa multiplícanse por sete e as capturas por 8. En Bueu mesmo superan esa cifra.

A conselleira do Mar visitou nas últimas horas o porto de Bueu para analizar evolución desta campaña e alí fixo un chamamento á responsabilidade na extracción.

Ata a semana pasada as lonxas galegas recibiron máis de 230 toneladas de polbo, e segundo os mariñeiros o mellor aínda está por vir.

Noticias web

17/08/2021