CRTVG

Buscar

Multiplícanse por catro os contaxios en Ordes nunha semana

Publicado o 21/08/2021 13:24

Novo gromo no concello de Ordes que multiplicou por catro os contaxios na última semana. Tamén aquí poderían estar relacionado coas festas da pasada fin de semana, que remataron este luns. No concello hai hoxe 97 casos activos e a incendia acumulada dispárase por riba dos 760 casos por cada cen mil habitantes.

O martes eran doce os contaxiados, é dicir, hoxe son 85 máis. Moitos destes positivos detectáronse no cribado realizado onte na localidade. Detectáronse 30 positivos entre o medio milleiro de mozos de entre 16 a 24 anos que se fixeron a proba, menos da metade dos que estaban convocados.

Noticias web

21/08/2021