CRTVG

Buscar

Multiplícanse as demandas de pais pensionistas que reclaman o complemento de maternidade

Publicado o 19/05/2021 17:14

É última sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, que recoñece o dereito dun pai a cobrar un 5 por cento máis na súa pensión de xubilación por complemento de maternidade. Un plus que ata o de agora só se lles concedía ás mulleres.

Houbo unha cuestión prexudicial por parte dun xulgado do Tribunal de Xustiza da UE, que considera que iso é discriminatorio para os varóns, que tamén puideron colaborar no seu día no coidado dos fillos, e que polo tanto teñen dereito tamén a ese complemento de maternidade", explica o avogado, Carlos Tomé

Amparándose na doutrina europea, todos os beneficiarios dunha pensión de xubiliación, invalidez ou viuvez declarada dende o 1 de xaneiro de 2016 ata o 4 de febreiro de 2021 teñen dereito a solicitar este complemento de maternidade. "Simplemente co recoñecemento da xubilación por parte do varón, cumprir cos requisitos de ter 2, 3 ou máis fillos, pode haber un incremento da pensión de entre un 5, un 10 e un 15 por cento, dependendo do número de fillos".

A sentenza xudicial establece que o plus de maternidade trata de protexer a perda de oportunidades laborais polo tempo dedicado ao coidado dos fillos. Un traballo que, segundo resolve o maxistrado nesta sentenza, carece de recoñecemento social e contributivo.

Noticias web

19/05/2021