CRTVG

Buscar

Denuncian que se multiplicaron ata por dez as taxas que deben pagar as empresas na costa galega

Publicado o 04/08/2021 15:09
Denuncian que se multiplicaron ata por dez as taxas que deben pagar as empresas na costa galega

Preto de 70 empresas galegas teñen que afrontar unhas taxas segundo AGADE desorbitadas e en moitos casos inasumibles. Para os depuradores a presión económica é unha manobra do Ministerio de Transición Ecolóxica para que marchen da costa.

Un canon que en moitos casos multiplícase por dez con respecto ao que viñan pagando as empresas dende hai 30 anos. Dende AGADE din que deste xeito se compromete o futuro das empresas do mar galegas.

Considera que este é un escollo máis por parte do Ministerio ás empresas galegas e insiste en que deben incluirse na categoría de cultivos mariños. Os depuradores piden que haxa unha rectificación e que non se poña en dúbida a integración destas empresas na costa galega.

Noticias web

04/08/2021