CRTVG

Buscar

Multas de ata 300 euros en Portugal por coller as rotondas á galega

Publicado o 08/10/2021 21:24

Algo que molesta moito aos nosos veciños portugueses é a maneira que temos os galegos de coller as rotondas e que, ademais, pode provocar accidentes. En Portugal só se pode entrar nunha rotonda polo carril dereito se se vai á dereita.

Os problemas veñen cando os galegos pretendemos seguir de fronte na rotonda situándonos no lado dereito. Se queren ir de fronte ou á esquerda hai que entrar desde o carril esquerdo e botarse fóra uns metros antes da saída.

Se van a dereita, carril dereito. Se van de fronte ou á esquerda, carril esquerdo. No caso de non respectar esta norma, as multas van entre os 50 e os 300 euros.

Noticias web

08/10/2021