CRTVG

Buscar

Multas aos feirantes do San Froilán por invadir coa mercadoría a vía pública

Publicado o 12/10/2017 20:58

En Lugo remata o San Froilán con polémica. Algúns feirantes denuncian que lles puxeron multas de ata 3.000 euros porque parte da mercadoría que venden invadía a vía pública. Os afectados acusan a Policía Local de "acoso" polo excesivo control sobre as dimensións dos seus postos, e describen a situación coma o "San Froilán da cinta métrica". Nas últimas horas mesmo mantiveron unha reunión co comisario do ferial para expoñerlle as súas queixas.

Aínda que o programa oficial de festexos remata hoxe, os empresarios do recinto feiral teñen permiso para abrir ata o domingo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017