CRTVG

Buscar

Fotos perigosas e con multa nas canteiras de Atios, no Porriño

Publicado o 22/07/2019 18:39

As canteiras de Atios, no Porriño, súmanse a un deses lugares con encanto, pero ao tempo perigosos, que están sendo o obxectivo de bañistas e de instagramers

O Concello do Porriño encargaralle ao seu enxeñeiro de minas un estudo para coñecer a situación desta canteira en Atios e confirmar os perigos que se poden dar se se omite a prohibición a bañistas e curiosos de atravesar estas pedras.

É a foto ideal deste verán. Nas canteiras de granito de Atios, no Porriño, hai unha que se está convertendo en atractivo para os bañistas e para os amantes das redes sociais. Os perigos que presenta, anunciados nas propias pedras e dos que se fai caso omiso, fan que o Concello e a Policía Local estean valorando tomar medidas.

Algúns taxistas do centro do Porriño confirman que levaron, sobre todo, xente nova ata este punto de Atios, porque os accesos son algo complicados.

O Concello encargou un estudo dos perigos que se poden dar nesta canteira ao enxeñeiro de minas que colabora coa Administración local. Ao longo desta semana, cando se dean a coñecer os resultados, tomaranse medidas contra as persoas que accedan a este lugar que se converteu en idílico para bañarse ou tomar unha foto e colgala ao momento nas redes sociais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019