CRTVG

Buscar

Multan ás industrias leiteiras por ir contra os gandeiros

Publicado o 12/07/2019 20:21

Durante trece anos, entre o 2000 e o 2013, varias empresas leiteiras intercambiaron información e adoptaron estratexias comerciais que lles permitiron controlar o mercado. Desa maneira evitaban ofrecer mellores prezos e condicións aos gandeiros, que non tiñan liberdade nin para fixar o prezo do seu leite nin para escoller a empresa á que subministraban. Por estas prácticas ilícitas, a Comisión Nacional do Mercado da Competencia acaba de impoñerlles unha multa de case 81 millóns de euros. Entre as empresas multadas figuran Pascual, Lactalis, Danone e Puleva.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019