CRTVG

Buscar

Multan a Naturgy e a Endesa por alterar o prezo da luz en plena vaga de frío

Publicado o 15/05/2019 16:07
Multan a Naturgy e a Endesa por alterar o prezo da luz en plena vaga de frío

A Comisión Nacional da Competencia entende Naturgy e Endesa aumentaron fraudulentamente o prezo da luz producida nas súas centrais de ciclo combinado ao ver que no inverno de 2017, en plena vaga de frío, ía aumentar o consumo e que non había vento nin auga dabondo, nin podía vir electricidade de Francia e tamén había problemas co gas de Alxeria.

Naturgy terá que pagar 19,5 millóns de euros e Endesa 5,8. A sanción pode ser recorrida diante da Audiencia Nacional.

Noticias web

15/05/2019