CRTVG

Buscar

Multan 80 persoas en Cambre en dúas semanas por non levar a máscara obrigatoria

Publicado o 22/08/2020 12:09
Multan 80 persoas en Cambre en dúas semanas por non levar a máscara obrigatoria

Axentes da Policía Local de Cambre impuxeron 80 multas a persoas que non levaban a máscara obrigatoria en espazos públicos nas últimas dúas semanas. Houbo outras 5 persoas denunciadas por non querer identificarse ou por faltas de respecto aos axentes.

O concello de Cambre é un dos sometidos a restricións especiais pola situación epidemiolóxica na área sanitaria da Coruña-Cee, polo que o concello ordenoulle á policía local intensificar os controis para supervisar que os veciños cumpren as normas. Nos primeiros días da nova normativa houbo máis multas por non utilizar a máscara pero os axentes xa notaron que cada vez hai máis consciencia entre a veciñanza da necesidade de levala en todo momento.