CRTVG

Buscar

Multado en Meaño por facer exercicio na rúa

Publicado o 26/03/2020 17:34

A Garda Civil de Tráfico localizou en Meaño un home que estaba facendo exercicio na rúa. 

Ningunha das moitas escusas que o home ofreceu aos axentes evitou que fose multado por incumprir as restricións de movemento do estado de alarma.

Primeiro dixo estar indocumentado, despois que descoñecía as obrigas do estado de alarma e acabou simulando ter o coronavirus e pedindo unha ambulancia.

Foron todas as escusas que presentou un home ao que a Garda Civil de Tráfico localizou cando facía exercicio nunha vía que transcorre paralela á autovía do Salnés, á altura do concello pontevedrés de Meaño.

Ningún dos argumentos esgrimidos convenceu os axentes, que aseguraron que todo foi teatro para evitar ser denunciado.

Finalmente, a Garda Civil acompañouno ata o seu domicilio, onde se tramitou a denuncia por incumprir as restricións de movemento establecidas no estado de alarma vixente en todo o país.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020