CRTVG

Buscar

A Xunta inicia o expediente sancionador a Nostián

Publicado o 06/08/2019 08:33

A Xunta de Galicia inicia o expediente sancionador á empresa Albada, a concesionaria da planta de tratamento de lixo da Coruña, por acumular resíduos ao aire libre.

A planta de Nostián acumula arredor de 7.000 toneladas de lixo sen tratar desde o pasado mes de abril cando se pecharon as instalacións a onde se enviaban os rexeites. Agora, a Administración autonómica comeza a tramitación do expediente sancionador que pode rematar nunha multa de ata 200.000 euros.

Mentres, desde o concello da Coruña din que se está a pechar un acordo cun xestor autorizado que poida retirar esta cantidade de lixo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019