CRTVG

Buscar

Multa multimillonaria aos grupos construtores que formaron un cártel para contratar con ADIF

Publicado o 27/03/2019 11:00

Os principais grupos empresariais do sector construción en España acaban de ser sancionados con 118 millóns de euros por formar un cartel ilegal para repartirse os contratos públicos do AVE.

Son 15 empresas en total, dos grupos ACS, Abengoa, Sacyr, OHL e Citracc. A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia acúsanos de repartirse irregularmente concursos públicos do ADIF -o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias- por valor de máis de 1.000 millóns de euros.

Fixérono entre os anos 2002 e ata 2016. Competencia xa activou o procedemento para que non poidan contratar coa administración, pero para iso precisaríase unha resolución firme que podería tardar anos.

Noticias web

27/03/2019