CRTVG

Buscar

Multa de 90 millóns a catro bancos por pactar un engano aos clientes

Publicado o 14/02/2018 22:04

O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu pídelles información ao Banco de España e ao Banco Central Europeo sobre a xestión do Banco Popular. 

E a Comisión Nacional da Competencia multa con 90 millóns de euros catro dos maiores bancos españois por un engano concertado aos seus clientes. Os sancionados son Caixabank, o Santander, o BBVA e o Banco Sabadell. A investigación refírese á comercialización dun producto financeiro denominado "derivado de taxa de xuro". Competencia afirma que as catro entidades se puxeron de acordo para empeorar as condicións pactadas inicialmente cos seus clientes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018