CRTVG

Buscar

Multa de 540 euros por anunciar a súa exparella como home de compañía nunha páxina de anuncios

Publicado o 07/05/2021 14:56

Unha aplicación para encontrar parella serviu para que se coñeceran e tras quedar unhas cantas veces decidiron comezar unha relación que durou uns meses, pero cando el decidiu poñerlle fin, a moza non acabou de aceptalo. Para vingarse da ruptura, ela comezou a inserir anuncios nunha páxina web, con fotos e datos persoais da que fora a súa parella, en que o ofrecía, facéndose pasar por el, para manter relacións a cambio de diñeiro. 

Durante un mes, o prexudicado estivo recibindo constantemente chamadas e mensaxes de persoas que viran o anuncio. Tras denunciar os feitos, a Fiscalía pedía para a denunciada unha pena dun ano e seis meses de cárcere, pero finalmente quedou nunha multa de 540 euros. Unha situación que ao denunciante lle afectou tanto a nivel anímico como laboral, obrigándoo incluso a ter que cambiar o número de teléfono para deixar de recibir mensaxes.