CRTVG

Buscar

Multa de 250.000 euros á Liga por empregar a súa aplicación para espiar os afeccionados

Publicado o 11/06/2019 20:40

A Axencia Española de Protección de Datos multa con 250.000 euros a Liga por espiar milleiros de afeccionados a través da súa aplicación para dispositivos móbiles.

Hai xa un ano alertara de que esa aplicación podía empregar o micrófono dos smartphones para detectar se se estaban vendo partidos en lugares públicos de forma fraudulenta. A Liga confirma a sanción e avisa de que a recorrerá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019