Mulleres de seu celebra o seu primeiro foro sobre o papel da muller no rural galego
A asociación Mulleres de seu celebra o seu primeiro foro, para analizar o escenario actual da muller no mundo rural. A súa mensaxe é rotunda foron e son un motor do desenvolvemento.
Belén Matilla, de Orballo e Infusións, asegura que "agora mesmo estamos no momento da innovación. O proxecto estrela que temos nestes momentos é o lanzamento do te. As camelias máis bonitas están en Galicia e o té sae da camelia. Nós dixemos: imos investigar cos centros de investigación, que nos axuden a cultivar esta planta".
Orballo conseguiu que o té que cultivan en Paderne, na Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas, sexa o primeiro en distinguirse cun certificado ecolóxico europeo.
Pero tamén é posible unir la innovación ao rural e á arte. Así naceu o proxecto de Susi Gesto, que leva o seu oficio, a ourivaría, ás aldeas.
Explica que "cando fago os obradoiros os fago con persoas que nunca colleron unha ferramenta na man. Cando se fixo na aldea de Merlán se fixo con toda a aldea, o obradoiro cos nenos, cos avós e coa xente de mediana idade. Sempre que se fai un obradoiro evidentemente hai un fío condutor, se eu estou no Courel, como fixemos na aldea de Froxán ou en Parada do Courel, evidentemente a inspiración é a natureza, a castaña".
Son algunhas das experiencias que se comparten hoxe en Ames, neste foro sobre o liderado das mulleres no rural galego.