CRTVG

Buscar

"Mulleres colleiteiras" recollen aceite usado para reciclalo

Publicado o 28/06/2016 18:39

Trátase dunha iniciativa para promover a inserción laboral e a autonomía de mulleres en situación de exclusión social

O proxecto Mulleres Colleiteiras leva en marcha tres anos. Elas encárganse de recoller, almacenar e facilitar a reciclaxe do aceite de uso doméstico. Os seus colectores están colacados en puntos estratéxicos da cidade. Os cidadáns poden atopalos en moitos centros escolares e desde hai un mes tamén nas contornas dos centros cívicos e dos mercados municipais.

Tamén ofrecen un servizo de recollida a domicilio. Mulleres Colleiteiras é unha iniciativa de Arquitectos sen Fronteiras para promover a inserción laboral e a autonomía de mulleres en situación de exclusión social. Os cidadáns están sendo receptivos coa proposta.

Mulleres Colleiteiras contribúe á sensibilización cidadá a prol da reciclaxe. Actualmente os coruñeses depositan nos puntos limpos uns 11.000 litros de aceite usado ao ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2016