Mulleres artistas dos séculos XX e XXI protagonizan a nova exposición de Abanca en Santiago
Publicado o 15/07/2021 14:37

Mulleres artistas dos séculos XX e XXI protagonizan a exposición que Abanca inaugurou este xoves en Santiago.
A exposición leva por título Mirar de novo. A muller contra o tempo, e con ela trátase de visualizar a obra das mulleres, que historicamente non tivo o mesmo recoñecemento que a dos homes. A mostra inclúe obras de Maruja Mallo ou Menchu Lamas, entre outras, e foi inaugurada polo presidente de Abanca, a directora de Turismo da Xunta e o alcalde de Santiago.