CRTVG

Buscar

Muimenta acolle a XXXII Moexmu durante a fin de semana

Publicado o 01/04/2016 19:29

A localidade chairega reúne ata 120 exemplares de 19 ganderías de todo o país e ademais unha mostra da maquinaria máis innovadora e artesanía

A vila de Muimenta, en Cospeito, celebra dende hoxe unha mostra á que acoden os mellores exemplares dunha vintena de ganderías de todo o país. A maioría son cabezas de raza frisoa, que participan nun concurso ou nunha poxa. Ademais, na Moexmu exponse a maquinaria agrícola máis moderna.

A Mostra Exposición de Muimenta, a Moexmu, é un dos principais escaparates para o gando da raza frisoa. Hai ata 120 exemplares de 19 ganderías de todo o país. Co fin de obter premios no concurso ou de cara á súa venda na poxa, os manexadores afánanse en darlles os últimos retoques ás reses.

Na Moexmu tamén se expón gando de raza rubia. É o caso de Perico, un touro de ACRUGA que acada os 1.600 quilos de peso.

Pero a Moexmu non é só unha feira de gando. Nesta mostra agropecuaria tamén se amosa a maquinaria máis innovadora, como esta muxidoira automática, ou os últimos modelos de tractores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2016