CRTVG

Buscar

Mugares recupera o seu Entroido tradicional

Publicado o 17/02/2020 20:11

Son as lembranzas do Entroido que antano se celebraba en Mugares, en que os mazarucos, as señoritas e os labardeiros eran os protagonistas.

Foi grazas ao empeño e ao traballo da asociación de mulleres rurais de Mugares que conseguiron recuperar as señoritas e os labardeiros a finais do século pasado.

E celébrano por todo o alto o martes, cando por fin poderán lucir os traxes tradicionais, aos que tanto tempo e agarimo dedicaron.


E con entusiasmo e un bo cocido celebran, despois de case medio século desaparecido, o Entroido tradicional de Mugares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020