CRTVG

Buscar

Sanidade aconsella reducir o consumo de peixe con contido alto en mercurio

Publicado o 06/11/2019 23:35

Sabemos o bo que é consumir 3 ou 4 racións de peixe á semana, pero debemos ter en conta as recomendacións da Axencia Española de Seguridade Alimentaria, dependente do Ministerio de Sanidade. Cales son as novidades en canto ao consumo de peixe con alto contido en mercurio?

Peixes como o atún vermello, o peixe espada, a quenlla ou o lucio teñen altos contidos deste elemento. As mulleres embarazadas, que planifiquen estalo ou en lactancia así como os nenos menores de 10 anos deben evitar o seu consumo. E ata os 14 anos debería restrinxirse a 120 gramos ao mes.

Con todo, debemos incluír o peixe en todas as dietas e consumir tres ou catro racións á semana no que variemos peixe branco e azul. A súa contribución nutricional está cargada de omega-3, selenio, calcio, iodo ou vitaminas A e D.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019