Mozos internados en centros de menores realizan o Camiño de Santiago
Douscentos mozos con diferentes problemáticas sociais acaban de comezar este xoves o chamado camiño dos valores dende a Coruña ata Santiago. Trátase dunha inciativa, que chega a súa terceira edición, que impulsou un xulgado de menores canario, e que prentende que rapaces que chegan desde todos os puntos de España participen dunha experiencia para medrar como persoas.
Xosé Antón Vázquez Taín, maxistrado na Coruña, e delegado en Galicia da asociación UP2U-Project Depende de ti que impulsa esta iniciativa di que "a idea é poñer en valor o Camiño Inglés e que rapaces que están en centros de menores pasen xuntos unhas xornadas e vexan que cun pouco de axuda e convencemento lles axuda a saír desas situacións de desapamparo e marxinais nas que están para reingresar na sociedade".
"Hoxe faremos uns 20 quilómetros. Será así cada día. E polas tardes descansamos e dedicámolas á convivencia, con xornadas de igualdade, ciberdelicuencia...".
Esa a rutina diaria en que participan os integrantes desta experiencia que tivo a súa primeira parte hai uns meses nas Canarias.
"Alí xa tivemos unha serie de xornadas de convivencia, e moitos destes rapaces xa tiñan gañas de reencontrarse", di Vázquez Taín.
Iván é un dos integrantes desta ruta, agora como monitor, pero que xa fixo este camiño como menor en acollemento.
"Satisfai ser un referente para todos estes rapaces que pasan polo mesmo que pasei eu, e precisan dun enfoque diferente a dos educadores, senón dalguén que é como eles", asegura.