CRTVG

Buscar

Mozos fan cola para conseguir unha entrada nunha discoteca de Santiago

Publicado o 13/09/2021 16:19

Mozos facendo cola para sacar entrada para unha discoteca de Santiago este mediodía. Algúns levan aí desde primeira hora da mañá, aínda que o despacho de billetes non abre ata as catro da tarde.

Coas ocupacións limitadas, e cos problemas para beber na rúa ou nos pisos, as entradas oficiais a discotecas son cada vez máis desexadas. De feito, só permiten sacar cinco por persoa para evitar revendas.

Noticias web

13/09/2021