CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Mozos de todo o mundo traballan estes días na recuperación do monte da Espenuca, no concello coruñés de Coirós

Publicado o 25/08/2016 20:48

Mozos e mozas de todo o mundo traballan estes días na recuperación do monte da Espenuca, no concello coruñés de Coirós. A súa tarefa principal é a eliminación de árbores como eucaliptos e acacias, para seren subsituidos por especies autóctonas e recuperar a fraga que había hai tempo neste lugar.

Chegaron dende O Xapón, Corea, Rusia, Alemaña ou a República Checa, pero tamén dende Euskadi, Andalucía, Estremadura ou Canarias. E todos acabaron neste monte do concello de Coirós. Son os participantes dun campo de traballo, organizado pola Xunta de Galicia, que busca a recuperación do monte autóctono.

Pouco a pouco, o labor avanza. Podar, cortar troncos, eliminar cortezas para evitar rebrotes, pasiño a pasiño vanlle gañando espazo aos eucaliptos.

O traballo para uns é máis duro que para outros.

O importante son os valores e a convivencia. Despois duns días parecera que se coñecen de toda a vida, e seguro que desta experiencia nacen amizades duradeiras.

O resultado do seu traballo non se poderá ver nin mañá, nin pasado, pero se dentro duns anos volven a Galicia, quizais poidan ver carballos ocupando este bosque.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí